Campamento de inmersión lingüística en inglés para nenos e nenas

Que son os Cool Off?

O Departamento de Método de Kids&Us deseñou coidadosamente o día a día dos nosos campamentos para garantir que os nenos e nenas gocen das actividades planificadas mentres aprenden inglés. Ademais de aprender vocabulario e estruturas novas do idioma, traballaremos valores moi importantes como a tolerancia, o respecto e a convivencia.

Cool Off 2023: Thai Wishes

Cada ano os Cool Off achégannos a unha das tantas culturas que existen no mundo. O obxectivo é lograr, non só unha inmersión lingüística en inglés, senón tamén unha inmersión cultural. Este ano trasladámonos a Tailandia, onde gozaremos de fermosas paisaxes, fabulosos animais e coñeceremos a amable e alegre maneira de ser dos seus habitantes. Durante a semana, cada grupo vivirá unha cantidade infinita de aventuras cun só obxectivo: descubrir todo o que nos pode ofrecer esta marabillosa cultura! Os participantes deberán dedicar toda a súa enerxía e traballar en equipo para cumprir os retos que se lles proporán: unha aventura polos bosques de Tailandia, xogos nocturnos, desafíos na auga, e deportes tradicionais como o Sepak Takraw. Ao finalizar a semana, xa serán auténticos mestres da cultura thai!

Staff Performance
Os nosos monitores e monitoras converteranse en personaxes dunha magnífica historia.
Inside Out
Xogos tradicionais, cancións e diferentes actividades para seguir practicando o inglés en pequenos grupos.
Night Out
Unha noite en grupo baixo as estrelas!
Cea temática
Cea de grupo ambientada na cultura masái, seguida dun bo baile.

Información básica sobre os campamentos de inmersión lingüística

Quen pode vir aos Cool Off Camps?

Os campamentos están pensados ​​para nenos e nenas de 7 a 13 anos. Exclusivo para estudantes de Kids&Us.

Canto tempo duran?

Duran 7 días e 6 noites, de domingo a sábado.

Como son os espazos?

As casas Cool Off están situadas no medio da natureza. Contan con completas instalacións e espazos lúdicos abertos, ideais para xogar e facer deporte.

Como son os grupos?

Facemos pequenos grupos de 10 nenos e nenas da mesma franxa de idade.

Os monitores falan inglés?

O noso equipo de monitores usa só o inglés como lingua vehicular para comunicarse as 24 horas do día. Todos teñen un nivel equivalente a Proficiency.

 

Todo o que necesitas saber sobre Cool Offs

Como se traballa o inglés?

Cada día, traballamos cos nosos cadernos de viaxe e dedicamos unha hora a mellorar o inglés dunha maneira máis individualizada con cada monitor/a. Ademais, a convivencia 24 horas permite expoñer os nenos e nenas a un inglés natural e traballar expresións cotiás típicas do día a día.

A seguridade dos nosos nenos e nenas é a nosa prioridade

En Kids&Us aplicamos novos protocolos de seguridade e hixiene, e adaptado as nosas actividades para garantir que se cumpran todas as medidas que marcan as autoridades sanitarias.

Como se actuará se un neno/a non se atopa ben durante os campamentos?

Temos contacto cos centros médicos máis próximos. Por suposto, chamaremos á familia para que estea informada da situación.

Haberá alguén que fale galego ou castelán?

Os monitores/as só poden falar inglés e, de feito, os nenos e nenas non saben se falan ou entenden outra lingua. No entanto, o/a director/a dos campamentos si que poderá falar en galego ou castelán. Esta persoa actuará como intermediaria sempre que sexa necesario.

Como se formarán os grupos?

Por idade e nivel de inglés de cada neno/a. Ademais, sempre que sexa posible, teremos en conta se ten amigos ou amigas con quen queira compartir a experiencia.

Cal é a política de cancelación?

Se unha familia cancela cun mínimo dun mes de antelación, ou ben por motivos de forza maior, devolverase o 50 % do importe. Se é a organización quen se ve obrigada a cancelar o servizo por restricións relacionadas coa COVID-19, devolverase o importe íntegro, exceptuando os gastos derivados de contratacións ou servizos prestados.

Así son os Cool Offs!

Nueva llamada a la acción

Máis campamentos de vacacións

Summer Fun

Campamento de verán en inglés para nenos e nenas de 3 a 12 anos

Fun Weeks

Campamento de verán en inglés para nenos e nenas de 3 a 10 anos

Tamén che pode interesar

Os nosos cursos

Unha forma aberta e imaxinativa de ver e entender o mundo

Saber máis

O noso método

Coñece o método que revolucionou o ensino do inglés.

Saber máis

Onde estamos?

Atopa o teu centro máis próximo!

Saber máis