Incluso o camiño máis longo comeza cun paso

O método para aprender inglés

Cal é o mellor método para que os nenos aprendan inglés?

O método para aprender inglés de Kids&Us basease no proceso natural de adquisición da lingua materna, un camiño de aprendizaxe que segue unha orde lóxica, natural e espontánea.

Listening

É evidente que o proceso de adquisición da linguaxe empeza moito antes de que o neno empece a falar. Por iso, en Kids&Us propoñemos que os máis pequenos empecen a asimilar o inglés desde o primeiro ano de vida, a través dunha exposición diaria ao novo idioma.

Understanding

Despois de escoitar as mesmas combinacións de palabras en diferentes momentos e contextos, o neno acaba entendendo o significado de todo aquelo que escoita. Os pais comunícanse cos seus fillos falando de forma natural, utilizando unha gran variedade de palabras, expresións e frases en distintos tempos verbais. O método de Kids&Us reproduce esta situación cos seus alumnos e exponos á linguaxe como é, mediante contextos facilmente recoñecibles para eles.

Speaking

Falar é a consecuencia natural de escoitar e entender. Chegados a este punto do camiño, creamos situacións dentro da aula para que os nenos e nenas teñan a oportunidade de verbalizar e poñer en contexto todo aquelo que foron aprendendo.

Reading

Ler é unha consecuencia natural de escoitar, entender e falar. Empezar a aprender unha lingua léndoa e escribíndoa é antinatural; é como intentar que un paxaro voe antes de que saiba despregar as súas ás. En Kids&Us o noso alumnado empeza a ler en inglés a partir dos 8 anos, é dicir, unha vez consolidadas as competencias orais do idioma e cando xa saben ler na súa lingua materna.

Writing

Escribir é expresar os pensamentos sobre papel. Para chegar a esta etapa do desenvolvemento lingüístico, é imprescindible ter superado as etapas anteriores: escoitar, comprender, falar e ler. Cando os nosos alumnos empezan a escribir en inglés, xa dispoñen dunha base suficientemente sólida do idioma para ser conscientes do que están comunicando de forma escrita. Noutras palabras, en Kids&Us introducimos esta competencia no momento no que o alumnado está máis preparado para afrontala con éxito.
 

Un modelo educativo con selo de calidade

A calidade e a experiencia foron sempre as nosas máximas e traballamos día a día para mantelas. A mellora constante dos materiais, a formación do profesorado, o seguimento personalizado do alumnado e a comunicación regular coas familias son a base sólida que garante a aprendizaxe.


O profesorado Kids&Us non só completa unha formación inicial antes de poder impartir clases, senón que ademais realiza formación continuada e de reciclaxe acorde co seu plan de formación corporativo. Tamén é auditado trimestralmente para garantir a óptima implementación do método.


Todos e cada un dos nosos profesores deben superar un proceso de selección que consta dunha proba de nivel oral e escrito. Como mínimo, esiximos un nivel C1 do Marco Común Europeo de Referencia.
 

 

Os pilares do método Kids&Us

Método propio para aprender inglés
Sesións dinámicas 100% en inglés
Grupos reducidos
Cursos de 1 a 18 anos
Acceso ao método ata os 7 anos
Exposición diaria ao inglés mediante a escoita dun audio
Innovación e mellora constante
Controles de calidade do ensino e da aprendizaxe

Método de aprendizaxe de inglés Kids&Us
Testemuñas de familias Kids&Us
Os nenos e nenas de Kids&Us

10 características únicas de Kids&Us

Como se aprende inglés co método Kids&Us?

Cunha dose perfecta de inglés e diversión! As clases son un concentrado de coñecemento lingüístico, aderezado con cancións e xogos, detrás dos que hai un intenso traballo gramatical para consolidar os obxectivos de aprendizaxe. Xa sexa dentro ou fóra da aula, todos os ingredientes do método Kids&Us están meticulosamente calibrados para que a aprendizaxe sexa efectiva, dinámica e motivadora.

Todas as actividades que se levan a cabo na clase teñen unha finalidade comunicativa e están pensadas para ir consolidando e ampliando os contidos e obxectivos de cada curso. No noso método nada se fai porque si; todo ten a súa razón de ser!

Que valor engadido ofrece Kids&Us?

Co noso método, os nenos e nenas aprenden de forma natural, aproveitando os seus recursos innatos. Queremos que teñan un contacto co inglés real desde o primeiro día, sen adaptacións nin omisións, co fin de que leven a cabo unha aprendizaxe global. É dicir, que sexan capaces de comunicarse, teñan unha boa pronunciación e desenvolvan unha boa comprensión oral e escrita.

Que niveis ten Kids&Us?

En Kids&Us non distinguimos niveis de inglés, da mesma forma que non hai niveis na adquisición da lingua materna. Usamos historias e personaxes relevantes para cada idade. Durante as clases, os nenos descubrirán que todo aquelo que os rodea e lles é familiar ten tamén o seu nome en inglés.

Así, con Linda (personaxe para bebés de 2 anos) trataremos o tema de deixar os cueiros e comezar a usar o baño; en cambio, a Oliver (6-7 anos) cáeselle un dente. Desta forma, será máis doado atraer a súa atención e manter a súa motivación.

Cantos días á semana veñen á clase?

Ata os dous anos os nenos e nenas asisten a unha clase de 45 minutos por semana. Desde os tres anos e ata que empezan a ler e a escribir, veñen unha hora á semana. E a partir dos 8 anos, a cantidade de horas de clase semanal incrementará gradualmente ata as 3 horas á semana, repartidas en dous días. En definitiva, trátase dunha dose eficaz e sostible no tempo, acorde coa idade dos alumnos.

Por que hai que escoitar unha pista de audio a diario?

Cremos que unha exposición continua ao idioma é fundamental para a aprendizaxe. A escoita repetida dunha pista de audio concreta fai que os nenos e nenas vaian gravando no seu cerebro un gran número de palabras e estruturas; así, cando as oen ou traballan na clase, pódenas identificar e reproducir con moita máis facilidade que se non as houberan escoitado antes. Neste punto non é necesario mencionar, a importancia da audición; con ela, o oído acostúmase á comprensión e a pronunciación do inglés.

Estas pistas teñen unha duración aproximada de dez minutos. Poden escoitarse a calquera hora e realizando calquera actividade, sempre e cando non sexa ver a televisión nin outro tipo de estímulo audiovisual que poida distraelos. Neste sentido, é importante atopar un momento para que a escoita se repita a diario, para integrar este hábito como unha rutina máis (durante o almorzo, antes de deitarse, etc.).

Que pasa se o neno non escoita o audio cada día?

O método perde efectividade se non se escoita a pista de audio correspondente. Ademais, as clases están pensadas para levar a cabo actividades nas que os nenos e nenas xa están familiarizados coa lingua que se traballa, polo que se alguén non escoita nunca o audio é fácil que se sinta perdido ao longo da clase e, como consecuencia, perda motivación.

É necesario que as familias saibamos inglés?

Non, non é necesario! As familias sodes o mellor apoio para que o voso fillo ou filla aprenda inglés, mostrando interese e entusiasmo polo que está aprendendo. Co voso apoio emocional contribuídes máis do que vos podedes imaxinar no éxito do proceso de aprendizaxe.

 

As familias debemos estar presentes na aula?

Só é necesario nos primeiros cursos do método (1 e 2 anos). A vosa presenza fai que os nenos e nenas estean seguros e cómodos na nova contorna e que empecen a conectar emocionalmente co idioma, xerándose un vínculo moi especial que fará que a súa aprendizaxe sexa produtiva.

Cando as familias deixedes de asistir á clase, a medio curso de Linda, deberedes procurar que os nenos escoiten o audio diariamente na casa e, se queredes, realizar as actividades complementarias que propoñemos.

Aprenden o mesmo que no colexio?

En Kids&Us non ensinamos o mesmo que no colexio, pois a metodoloxía non ten nada que ver. O noso método baséase nunha inmersión lingüística total e unha aprendizaxe global do idioma, co que as estruturas gramaticais e os contidos de vocabulario non se aprenden de forma illada, senón en contexto. Ademais, traballamos con grupos reducidos para fomentar e dar máis oportunidades á expresión e interacción oral.

Por que empezamos a ler e a escribir en inglés máis tarde que no colexio?

Non é cuestión de comezar tarde senón de facelo cando os alumnos están preparados para afrontalo con éxito. De feito, coa nosa lingua materna non comezamos a falar, ler e escribir simultaneamente, senón que primeiro aprendemos a lingua e posteriormente aprendemos a lela e a escribila. Por iso, cremos que é máis natural e frutífero potenciar a comprensión e a expresión oral durante os primeiros anos de aprendizaxe do inglés e introducir a lectoescritura máis adiante.

Por que debería apuntar ao meu fillo a Kids&Us?

Porque o noso método funciona: o teu fillo vai aprender inglés connosco, como os máis de 180.000 alumnos que estudan nas nosas máis de 600 academias en 10 países diferentes.

Como líderes no ensino do inglés a nenos e nenas en España, cremos na mellora e innovación continuas. Somos referentes no sector grazas á nosa metodoloxía propia, eficaz e probada.

Testimonios de nuestros profesores

Profesora etapa Babies
Profesora etapa Kids
Profesora etapas Tweens y Teens
Tamén che pode interesar...

Os nosos cursos

Unha forma aberta e imaxinativa de ver e entender o mundo

Saber máis

Actividades Kids&Us

Un Universo de 360º de posibilidades en inglés

Saber máis

Ónde estamos?

Atopa a túa academia máis próxima

Saber máis