CONDICIÓNS XERAIS DE CONTRATACIÓN

  1. ÁMBITO DE APLICACIÓN

1.1 As condicións xerais de contratación (as “Condicións Xerais”) son aplicables á prestación de servizos de ensino de inglés entre a sociedade que explota o centro Kids&Us (o “Provedor”) e o Cliente que consten identificados en cada momento nas Condicións Particulares en vigor entre o Provedor e o Cliente (conxuntamente, as “Partes”).

1.2 Aos efectos previstos nestas Condicións Xerais:

  1. As “Condicións Particulares” están formadas pola Folla de matrícula (tal e como este termo se define no apartado 5, as Rematriculacións (tal e como este termo se define no apartado 6), así como por aqueles outros documentos e acordos comerciais que, no seu caso, se alcancen entre as Partes de conformidade co disposto nestas Condicións Xerais.
  2. Cliente” significa a persoa que, en nome propio ou en nome e representación dun menor baixo a súa tutela ou patria potestade, contrate os Servizos do Provedor, sen que estes poidan ser cedidos polo Cliente a terceiros nin ser utilizados por outras persoas distintas ao Cliente ou o menor baixo a súa tutela ou patria potestade que consta inscrito como alumno no Centro.
  3. Servizos” significa os servizos de ensino de inglés, baixo o sistema Kids&Us, contratados en cada momento por un Cliente co alcance que resulte das Condicións Particulares que, en todo caso, terán que prestarse polo Provedor de acordo coas referidas Condicións Particulares e estas Condicións Xerais.
  4. Contrato” está formado polas Condicións Particulares e as Condicións Xerais
  5. Mousy” significa alumnos a partir de 1 ano do primeiro curso da metodoloxía Kids&Us.
  6. Linda” significa alumnos a partir de 2 anos do segundo curso da metodoloxía Kids&Us.

1.3 Tanto as Condicións Xerais como as Condicións Particulares están redactadas en castelán. En caso de contradición entre as Condicións Xerais e as Condicións Particulares prevalecerá o previsto nas Condicións Particulares.

1.4 A aceptación destas Condiciones Xerais xa sexa mediante a súa firma ou, alternativamente, a través da subscrición da Folla de matrícula ou da Rematriculación implica que o Cliente:

  1. Leu, entendeu e comprendeu o aquí exposto e que tivo a oportunidade de realizar ao Provedor as preguntas necesarias para resolver as dúbidas que o mesmo puidera ter.
  2. É unha persoa con capacidade suficiente para contratar.
  3. Asume todas as obrigas que resultan do Contrato.

1.5 As Condicións Xerais poderán modificarse, por exemplo, por motivos legais, regulatorios, de seguridade ou comerciais, unicamente, se tras a remisión das modificacións propostas ao Cliente, este as acepta de forma voluntaria e sen reservas. Dito consentimento entenderase prestado se transcorridos trinta (30) días naturais desde que sexan entregadas efectivamente ao Cliente (con acuse de recibo) ou desde que se informase ao Cliente por escrito da súa existencia no sitio web do Provedor https://www.kidsandus.es/gl o Cliente non manifesta de forma escrita a súa oposición á incorporación das referidas modificacións.

 

  1. SERVIZOS

2.1 Con carácter previo á aceptación deste Contrato, o Cliente foi informado, a través dun correo electrónico ou mediante a entrega en soporte papel, dos seguintes aspectos:

i. catálogo completo dos cursos ofertados, coas súas características esenciais e obxectivos, así como duración e horas, e as principais características do sistema de ensino baseado no método Kids&Us;

ii. datos de identificación do Provedor (con indicación expresa de que actúa por conta propia), así como do centro onde se prestarán os Servizos;

iii. prezo do curso polo que o Cliente mostrou interese incluíndo, todos os impostos e taxas, así como o custo dos Materiais (segundo dito termo se define no apartado 2.10) (conxuntamente, “Prezo”) que, necesariamente, terá que asumir o Cliente e que é necesario para o desenvolvemento do curso por ser inherente ao método de ensino Kids&Us, así como as condicións e medio de pago;

iv. a necesidade do Provedor, por un tema organizativo, de coñecer o número de Rematriculacións con anterioridade ao inicio de cada curso escolar e, polo tanto, o procedemento anual de Rematriculacións que se realizará anualmente de forma telemática;

v. o dereito de desistencia do Cliente nos termos que resultan do apartado 3;

vi. o contido destas Condicións Xerais, tendo ofrecido ao Cliente a posibilidade de formular preguntas en relación coas mesmas.

2.2 Os Servizos prestaranse no centro detallado na Folla de matrícula ou Formulario de rematriculación.

2.3 Horarios e duración das clases segundo o curso:

  1. Babies (Mousy-Linda): a duración das clases dos cursos Babies será de 45 minutos, unha vez por semana. No caso de ter só 1 alumno, a duración da clase será de 30 minutos porque se adapta á capacidade de concentración do alumnado en idades temperás e porque toda a atención se centra neste único alumno. No caso das clases dos cursos Babies en centros externos, a duración será de 30 minutos.
  2. Kids (de Sam a Pam&Paul): a duración das clases dos cursos Sam a Pam&Paul será de 60 minutos, unha vez por semana.
  3. Ben&Brenda: a duración das clases dos cursos Ben&Brenda será de 90 minutos, unha vez por semana.
  4. Tweens 1 e 2: a duración das clases dos cursos Animal Planet será de 60 minutos, dúas veces por semana.
  5. Tweens 3 a Teens 4: a duración das clases dos cursos Fairy Tales, Mysteries e The Future será de 90 minutos, 2 veces por semana.
  6. Teens 5 a Teens 6: a duración das clases dos cursos Subscription variará en función da modalidade elixida: 90 minutos, 2 veces por semana ou 90 minutos, 1 vez por semana.
  7. En caso de clases one-to-one (un só alumno) a duración da clase poderá variar, dependendo do programa establecido polo centro a tal efecto.

2.4 No caso de clases impartidas que non sigan a metodoloxía de aprendizaxe Kids&Us, o horario, a duración das clases, o número de alumnos, a data de inicio e fin de curso ou o material utilizado poderá variar segundo o centro.

2.5 O horario concreto das clases será o que conste nas Condicións Particulares e, polo tanto, poderá variar cada curso escolar, dependendo do curso escollido e do número de alumnos asignados a cada curso que, en cada momento, poida estar dispoñible.

2.6 Os cursos darán inicio, con carácter xeral, durante setembro de cada ano natural e finalizarán durante xuño do ano seguinte, nas datas concretas e dacordo co calendario de días lectivos que resulte das Condicións Particulares.

2.7 As clases marcadas no calendario lectivo ás que, polo motivo que sexa, un alumno non asista non poderán recuperarse.

2.8 O número máximo de alumnos será de cinco (5) por clase para o curso Babies e de oito (8) para o resto dos cursos. No caso de clases de Babies impartidas en centros externos, o máximo de alumnos por grupo será de oito (8). Se tras un mes desde o inicio de curso o número de alumnos por clase sexa de tres (3) ou inferior, e non existan outros grupos que poidan absorber a eses alumnos, o Provedor resérvase o dereito de disolver o grupo e, en tal caso, procederá á devolución de calquera cantidade que, en concepto de matrícula, abonase o Cliente durante dito prazo, incluíndo o custo dos Materiais a que se refire o apartado 2.11.

2.9 Durante o período de Rematrícula, o Provedor resérvase o dereito a modificar a composición dos grupos ata que a mesma non sexa definitiva, momento no que se confirma, por correo, ao Cliente.

2.10 Os alumnos de Mousy serán acompañados por unha persoa maior de idade durante todo o curso. Mentres que os cinco (5) alumnos de Linda serán acompañados por unha persoa maior de idade durante os primeiros meses do curso. Nas clases impartidas en centros externos, os alumnos non estarán acompañados por un adulto.

2.11 O profesorado reúne a titulación académica ou cualificación profesional adecuada para a impartición dos cursos. A contratación dos Servizos mediante a aceptación das Condicións Xerais e, ademais, a subscrición das Condicións Particulares implica que o Cliente coñece e acepta que ditos Servizos se basean no método de ensino non regrado Kids&Us que, ademais da asistencia presencial do alumno ao Centro, require da utilización duns materiais educativos propios (os “Materiais”), cuxo custo asumirá o Cliente, sen prexuízo da adecuación do referido material ás necesidades de cada curso.

Os Materiais variarán dependendo de cada etapa e incluirán contido en formato físico e en formato dixital. Estes foron creados co obxectivo de ofrecer ao alumnado unha experiencia global que comeza na aula dos centros Kids&Us e se complementa fóra dela. Os Materiais de cada curso serán comunicados polo centro ao inicio deste por medio do “Catálogo de Materiais”.

2.12 Os Servizos teñen a consideración de ensino non regrado e, polo tanto, os diplomas ou certificados que poida emitir o Provedor non teñen natureza oficial. O Provedor prepara aos alumnos para realizar, se así o desexan, exames que proporcionan diplomas internacionalmente recoñecidos. O prezo dos dereitos de obtención do diploma estará incluído no prezo dos cursos ofrecidos polo Provedor se este, expresamente, así o manifesta.

 

  1. DEREITO DE DESISTENCIA

3.1. O Cliente terá dereito a desistir dos Servizos no prazo de catorce (14) días naturais a contar desde a subscrición das Condicións Particulares, sen necesidade de indicar o motivo nin incorrer en custos. De exercitarse o dereito de desistencia por un Cliente, o Provedor virá obrigado á devolución de todos os importes que o Cliente lle abonase, usando o mesmo medio de pago empregado polo Cliente para a transacción inicial. Os importes correspondentes aos Materiais só se reembolsarán previa devolución dos Materiais físicos, sen ter sido usados.

3.2. O dereito de desistencia que se regula neste apartado poderá exercitarse por calquera medio escrito e, de realizarse de forma unilateral polo Cliente o Provedor terá que comunicarlle sen demora, en soporte duradeiro, o acuse de recibo de dita desistencia.

 

  1. PREZO

4.1. O Cliente pagará polos Servizos os seguintes conceptos, cuxo importe e condicións de pago serán os que en cada momento resulten (indicados na moeda de curso legal vixente do país) das Condicións Particulares:

  1. Matrícula e Rematrícula, segundo corresponda.
  2. Prezo do curso, segundo corresponda.
  3. Materiais.
  4. Impostos que, no seu caso, resulten de aplicación de acordo coa lexislación vixente.

4.2. A menos que as Condicións Particulares determinen outra cousa:

  1. O importe da Matrícula farase efectivo tras a subscrición da Folla de matrícula ou, no seu caso, a Rematrícula.
  2. O pago dos Materiais farase efectivo tras a subscrición da Folla de matrícula ou, no seu caso, a Rematrícula, con independencia de cando se incorpore efectivamente o alumno ao curso.
  3. O Prezo, que será o que resulte das Condicións Particulares, é un tanto alzado e, polo tanto, calculouse tendo en conta as características asociadas ao curso sen que os pagos periódicos que se pactasen entre as Partes estean retribuíndo as horas lectivas relativas a ese período concreto. Polo tanto, no caso de que, polo motivo que sexa (festivo, enfermidade, forza maior ou calquera outra causa) un cliente non reciba o número de horas lectivas correspondentes ao período ao que se refire algún dos pagos periodificados do Prezo non terá dereito de reembolso respecto a ditas horas nin, tampouco, á recuperación de ditas clases.
  4. Os impostos que en cada caso resulten de aplicación pagaranse nos termos previstos na normativa vixente.

4.3. O Provedor unicamente virá obrigado á devolución da Matrícula e o Material nos supostos previstos nos apartados 2.8 e 3. Sen prexuízo do disposto na normativa que resulte aplicable, o Provedor non virá obrigado á devolución do importe da Matrícula nin do Material en ningún outro caso. En particular, o Cliente entende e acepta que o abandono do curso, calquera que sexa motivo, ou a terminación polo Cliente da relación co Provedor suporá a perda de ditas cantidades.

4.4. No caso de que o Cliente domiciliase o pago de calquera dos importes que se inclúen na contraprestación dos Servizos e se producise a devolución dalgún dos recibos, todos os custos asociados a dita circunstancia serán asumidos polo Cliente con total indemnidade para o Provedor.

4.5. Calquera desconto, redución en prezo e/ou outras rebaixas requirirán do acordo previo e por escrito das Partes. 

4.6. Tanto a Matrícula como os cursos son persoais e intransferibles e, polo tanto, ningunha outra persoa que non sexa o alumno identificado na Folla de matrícula poderá asistir aos cursos contratados polo Cliente.

 

  1. FOLLA DE MATRÍCULA

5.1. Os Servizos contrataranse inicialmente polo Cliente mediante a subscrición da correspondente Folla de matrícula (a “Folla de matrícula”) que se formalizará por escrito a través de correo electrónico, correo ordinario ou papel entregado en man. En cada Folla de matrícula deberá constar necesariamente, ao menos:

  1. A identificación do Cliente e o alumno para o que contrata os Servizos, así como a relación entre o Cliente e o alumno e a acreditación, no seu caso, da patria potestade ou tutela respecto ao mesmo.
  2. Os Servizos solicitados, con indicación do curso no que está interesado e os detalles e características deste.
  3. A contraprestación polos Servizos.
  4. Mención expresa respecto á revisión realizada polo Cliente das Condicións Xerais, así como a posibilidade ofrecida polo Provedor ao Cliente de realizar consultas e, ademais, a aceptación expresa polo Cliente das Condicións Xerais e, no seu caso, a manifestación respecto ao acceso á información precontractual a que se refire o apartado 1.4.
  5. O consentimento do Cliente para recibir por correo electrónico, ou no espazo que a tal efecto se crease na web do Provedor ou por calquera outro medio que se pactase entre as Partes, a información e formularios de Rematrícula, para sucesivos cursos, que poderán contratarse a distancia e aos que resultarán de aplicación, en todo caso, estas Condiciones Xerais.
  6. No documento (“Tarxeta Alfa”), o consentimento do Cliente para co tratamento dos seus datos de carácter persoal, a súa voz e a súa imaxe, así como a manifestación dos seus dereitos neste ámbito e de como exercelos, e a identificación dos responsables de dito tratamento.

5.2. A Folla de matrícula non será vinculante para as Partes ata que se produza a aceptación do Provedor e esta fose remitida ao Cliente correo electrónico ou correo ordinario ou seguindo o mesmo método de envío da Folla de matrícula (a “Aceptación”), data a partir da cal se entenderá perfeccionada a relación entre as Partes.

Sen prexuízo da remisión da Aceptación polo Provedor ao Cliente, o Provedor estará obrigado, en todo caso, a gardar unha copia dixitalizada da Folla de matrícula e a súa Aceptación no Centro como proba da contratación efectuada.

5.3. O Provedor non ten obriga algunha de aceptar ningunha Folla de matrícula e, polo tanto, resérvase o dereito a rexeitalas sen que diso se derive responsabilidade algunha para o Provedor.

 

  1. REMATRICULACIÓNS

6.1. Anualmente, antes de que finalice o curso escolar (aproximadamente entre os meses de marzo a maio), o Provedor dirixirá ao Cliente comunicación correo electrónico, aos efectos de facilitarlle, en relación co próximo curso escolar, toda a información que resulta do apartado 2.1 (a “Notificación de Rematriculación”) e, ademais:

  1. A posibilidade de formalizar a rematrícula para o novo curso (a “Rematrícula”), ademais de presencialmente no Centro, a distancia por medios electrónicos mediante a cumprimentación do formulario de Rematrícula (o “Formulario de Rematriculación”).
  2. Mención expresa de que:
    1. A devolución cumprimentada do Formulario de rematriculación implicará, tras a Aceptación deste polo Centro, a obriga de pago polo Cliente da contraprestación do novo curso nos termos que resulten das Condicións Particulares, así como a aceptación das Condicións Xerais.
    2. Trala Aceptación do Formulario de rematriculación polo Provedor, os termos e condicións do Formulario de rematriculación (que terán a consideración de Condicións Particulares), xunto coas Condicións Xerais serán os que rexerán a relación entre as Partes ata a finalización do novo curso contratado.
    3. O Provedor remitirá ao Cliente a súa Aceptación, para o seu arquivo, a través de soporte duradeiro.
    4. Sen prexuízo da remisión da Aceptación do Formulario de rematriculación polo Provedor ao Cliente de conformidade co previsto neste apartado 6.1, o Provedor estará obrigado, en todo caso, a gardar unha copia dixitalizada do Formulario de rematriculación polo Cliente e a súa Aceptación polo Provedor no Centro como proba da contratación efectuada.

6.2. Resultará de aplicación á Rematriculación a regulación dos contratos a distancia por medios electrónicos vixente en cada momento.

 

  1. RECLAMACIÓNS

7.1. O Cliente poderá dirixir calquera reclamación relacionada cos Servizos a través das follas de reclamación que están á súa disposición no Centro.

7.2. De conformidade co disposto pola normativa nacional aplicable, infórmase de que o Cliente, no seu caso, poderá presentar unha reclamación relativa á deficiente prestación dos Servizos naqueles casos previstos legalmente ante a plataforma de resolución alternativa de litixios con consumidores ou organismo competente equivalente, non atopándose o Provedor obrigado a participar no mesmo.

 

  1. RESPONSABILIDADE POR DANOS

8.1. O Provedor asume plena responsabilidade respecto aos Servizos e responderá ante o Cliente, dos danos e prexuízos que se lle houbesen irrogado por causas imputables ao Provedor ou aos seus profesionais ou empregados como consecuencia de dolo ou culpa grave de calquera deles. Fóra de tales casos, a responsabilidade do Provedor, que só será polos danos directos efectivamente causados ao Cliente (excluíndo, polo tanto, lucro cesante ou danos reputacionais) estará limitada ás cantidades recibidas polo mesmo do Cliente en contraprestación dos Servizos.

8.2. En ningún caso o Provedor será responsable dos danos derivados, ou causados, en todo ou en parte, como consecuencia da falsidade, o ocultamento de información ou calquera outra conducta do Cliente que fora dolosa ou neglixente, ou non realizada conforme aos principios da boa fe, ou de incumprimentos que se produzan por causas que están fóra do seu control razoable.

8.3. A responsabilidade do Provedor fronte ao Cliente en relación cos Servizos está condicionada a que o Cliente remita reclamación por escrito, determinando con suficiente detalle a natureza da reclamación e o importe reclamado, salvo en caso de dolo en que será de aplicación o prazo de prescrición legalmente establecido.

8.4. A eventual responsabilidade do Provedor terá lugar unicamente fronte ao Cliente. O Provedor non será responsable dos danos que poidan ocasionarse a terceiros.

 

  1. MY WAY

9.1. É a aplicación educativa que o Provedor pon a disposición do alumno. My Way complementa o traballo realizado na aula proporcionando itinerarios de aprendizaxe personalizado para asegurar que o alumno logre os obxectivos comunicativos do curso.

9.2. Para que o alumno poida utilizar My Way e, polo tanto, gozar deste servizo é necesario que adquira a condición de usuario de My Way. Para iso, o Cliente debe aceptar os Termos e Condicións da aplicación, recollidos na Folla de Matrícula como “Termos e Condicións My Way”.

 

  1. TERMINACIÓN DA RELACIÓN DE SERVIZOS POLO CLIENTE. BAIXA DO ALUMNO.

10.1. O Cliente poderá terminar en calquera momento a súa relación co Provedor e, polo tanto, o alumno poderá causar baixa do curso no que estea matriculado en cada momento, mediante comunicación escrita dirixida á atención da dirección do Centro.

10.2. Os importes pagados en concepto de Matrícula ou Rematriculación e Material non son reembolsables, salvo en caso de desistencia por parte do Cliente ou no caso de terminación do Contrato polo Cliente baseado nun incumprimento do Provedor e, polo tanto, a terminación anticipada do Contrato por un Cliente non lle dará dereito a solicitar o reembolso de ditas cantidades, nin tampouco aquelas outras que xa pagase en concepto de Prezo do curso.

Polo tanto, se a data de efectos da terminación (ou baixa do alumno) non coinciden co último día lectivo do período de pago establecido nas Condicións Particulares, o Provedor fará seus todos os importes xa abonados polo Cliente sen que este poida reclamar a devolución de cantidade algunha, aínda que non recibira todas as clases do referido período. Polo contrario, unha vez terminado o Contrato, o Cliente non estará obrigado ao pago das cantidades que aínda non se teñan devindicado

 

  1. TERMINACIÓN DA RELACIÓN DE SERVIZOS POLO PROVEDOR

11.1. O Provedor poderá resolver este Contrato e poñer fin á prestación de Servizos cando:

i. o Cliente incumpra as obrigas de pago asumidas en virtude do Contrato;

ii. o alumno demostre reiteradas faltas de disciplina, ou accións que prexudiquen a marcha docente, sen dereito á devolución das cantidades que abonase, como resarcimento do prexuízo ocasionado.

 

  1. FORZA MAIOR

12.1. En caso de peche do Centro ou a imposibilidade de levar a cabo a prestación dos Servizos de forma presencial, como consecuencia da existencia dunha situación de Forza Maior que afecte á totalidade da rede de centros Kids&Us, o Provedor ofrecerá ao Cliente un modelo dixital total, con contidos 100% online ou clases síncronas dependendo do Curso.

12.2. A modalidade dixital será oportunamente comunicada ao Cliente e non comportará unha modificación da contraprestación pactada nas Condicións Particulares polo curso.

12.3. Aos efectos destas Condicións Xerais “Forza Maior” significa calquera feito, circunstancia, evento ou acontecemento (con independencia de cal sexa a súa causa) que sexa imprevisible e inevitable que impida a prestación dos Servizos, sempre e cando o mesmo non sexa imputable ao Provedor e exista unha relación de causalidade entre a imposibilidade de levar a cabo a prestación dos Servizos e o referido feito, circunstancia, evento ou acontecemento.

 

  1. PROTECCIÓN DE DATOS

13.1. A identificación dos responsables do tratamento dos datos de carácter persoal, a voz e a imaxe do Cliente, os dereitos que o amparan neste ámbito polo mero feito de ceder o uso destes a un responsable determinado e previamente recoñecido, así como a finalidade, conservación, destinatarios e demais requisitos establecidos pola normativa para con ditos datos se expresarán, individualmente, no documento axunto “Tarxeta Alfa”.

O Cliente dispón de máis información en https://www.kidsandus.es/gl/footer/politica-de-privacidad

 

  1. LEI APLICABLE E XURISDICIÓN

14.1. O Contrato rexerase pola lei común española.

14.2. Calquera conflito ou discrepancia entre as Partes derivado deste Contrato se resolverá polos Xulgados e Tribunais do domicilio do Cliente, con renuncia expresa a calquera outro foro que puidera corresponder ás Partes.

 

ANEXO II: TERMOS E CONDICIÓNS MY WAY

Kids&Us (o “Provedor”) pon ao dispor do cliente a aplicación educativa destinada aos/as alumnos/as de Kids&Us denominada My Way.

Para utilizar My Way e, por tanto, gozar deste servizo é necesario que adquira a condición de usuario de My Way. Para iso, debe completar satisfactoriamente o proceso de rexistro e obter unha conta de usuario. En todo caso, para utilizar My Way e gozar do servizo que lle ofrecemos, vostede directamente ou actuando na súa condición de representante legal, nai, pai ou titor, en nome e representación do usuario menor de idade que vai utilizar My Way, acepta obrigarse polos presentes Termos e Condicións e polas normas publicadas polo Provedor a través do seu sitio web.

O Provedor resérvase o dereito para modificar, actualizar e revisar, por calquera forma admisible en dereito, estes Termos e Condicións cunha antelación de polo menos trinta días á súa entrada en vigor, sendo, en tal caso, anunciados ao Cliente mediante correo electrónico.

Con todo, o Provedor resérvase a facultade de realizar cambios nos Termos e Condicións que resulten efectivos de forma inmediata, sendo notificados posteriormente cando concorra calquera das seguintes circunstancias:

  • Cando resulte necesario por esixencias legais ou de seguridade.
  • Cando resulte de calquera variación ou axuste de carácter técnico en My Way.
  • Cando o cambio corresponda á eliminación ou modificación de elementos que a criterio do Provedor non permitan preservar a seguridade ou resulten ilícitos, ofensivos, inapropiados ou discriminatorios.
  • Cando resulte necesario para facer fronte a un perigo imprevisto e inminente.

Ao facer uso de My Way, o Cliente declara expresamente, no seu propio nome e representación ou en nome e representación do menor de idade, coñecer, entender e aceptar estes Termos e Condicións.

 

  1. USUARIOS

Ao rexistrarse e acceder a My Way adquírese a condición de usuario ou de persoa usuaria. No caso de que o usuario sexa menor de idade, vostede na súa condición de representante legal, nai, pai ou titor, aceptará estes Termos e Condicións na súa representación. Así mesmo, tamén poderá ser usuario de My Way o profesor ou director de Kids&Us que acceda á mesma no exercicio da súa actividade docente.

 

  1. CARACTERÍSTICAS DEL SERVICIO

My Way é a aplicación educativa para o alumnado de Kids&Us que complementa o traballo realizado na aula e que proporciona itinerarios de aprendizaxe personalizada para asegurar que cada alumno logre os obxectivos comunicativos do curso.

O usuario obrígase a introducir na aplicación datos verdadeiros e exactos, e declara que o seu uso non infrinxe os dereitos de terceiros, comprometéndose a indemnizar e a eximir ao Provedor de toda responsabilidade derivada de reclamacións de terceiros pola infracción destes Termos e Condicións.

My Way é accesible mediante Internet e permitirá o almacenamento ou a recuperación dos seus datos en relación co uso da aplicación. Como usuario, vostede é responsable de obter acceso a Internet empregando software e equipos que cumpran con todos os requisitos de seguridade aplicables.

Ao aceptar os Termos e Condicións establecidos nestas condicións de uso, vostede declara e garante que ten os dereitos de todos os datos de usuario, incluído o dereito para cargalos na aplicación.

O usuario autoriza expresamente ao Provedor para que recompile, almacene, reteña, hospede, transmita e faga copias dos seus datos de usuario exclusivamente na medida necesaria para que lle forneza os servizos obxecto destas condicións.

 

  1. OBRIGAS E DEREITOS DA PERSOA USUARIA

Vostede ten dereito a facer uso da aplicación dacordo cos Termos e Condicións que se mencionan nestes. Non está permitido dar acceso a terceiros á aplicación, nin usala para fins comerciais, ou calquera outro non autorizado expresamente polo provedor. O Provedor posúe todos os títulos, dereitos de autor e outros dereitos intelectuais e de propiedade relacionados coa aplicación. O usuario unicamente posúe os dereitos recoñecidos nestes Termos e Condicións, polo que non adquire ningún outro dereito, xa sexa expreso ou implícito, sobre a aplicación.

Vostede obrígase a utilizar My Way de forma de forma lícita e de boa fe, sen que o seu uso produza un prexuízo nos dereitos ou intereses do Provedor nin de calquera terceiros. Queda terminantemente prohibido:

  • Intentar aumentar o nivel de privilexios dun usuario do sistema.
  • Violar os dereitos de propiedade intelectual, industrial ou outros dereitos legais.
  • Aportar a información que non sexa veraz.
  • Utilizar a aplicación sen a dilixencia debida.
  • Actuacións contrarias á lei ou a moral.
  • Atacar ao sistema da empresa.
  • Subir virus ou códigos maliciosos, realizar actividades que poidan inhabilitar, sobrecargar ou alterar o correcto funcionamento da aplicación, tales como sistemas automatizados (robots, lectores offline, etc.). O usuario non poderá usar a aplicación se a lexislación aplicable no país no que reside ou desde o que accede lle impiden acceder á Plataforma e facer uso dela.
  • Desenvolver, directa ou indirectamente, un software ou tecnoloxía que supoña unha copia, total ou parcial, da aplicación dacordo co establecido na Lei de Propiedade Intelectual e lexislación aplicable, nin das funcións da aplicación, realizar enxeñería inversa, descompilar, desensamblar, reproducir, traducir, modificar, facer unha versión, comercializar, duplicar, transformar nin transmitir a persoa ou entidade, parcialmente ou na súa totalidade, en forma ou por medio algún, xa sexa mecánico, magnético, por fotocopia ou calquera outro, ou eliminar calquera aviso de propiedade ou etiquetas da aplicación, os diagramas lóxicos, códigos fonte, obxecto e/ou o modelo de datos.
  • Intentar descifrar as claves, sistemas, ou algoritmos de cifrado e calquera outro elemento de seguridade que interveña nos procesos telemáticos que utiliza a aplicación.
  • Calquera outros actos similares ou que poidan cualificarse de antisociais, e os que obstaculicen directamente a prestación do servizo.

Kids&Us resérvase o dereito a exercer as accións legais que sexan pertinentes en dereito contra quen vulnere estas obrigas.


Se se detectase algún uso ilícito da rede, comunicarao ás autoridades competentes en cumprimento da lexislación vixente.

 

  1. USO DE CONTRASINAIS

Para acceder a My Way hai que rexistrarse introducindo un código de usuario e un contrasinal nominativo e intransferible que será facilitado por correo electrónico. O usuario responde das consecuencias que se poidan derivar do uso indebido do seu contrasinal.

O acceso e uso de My Way está reservado estritamente ao usuario, por tanto, cando se rexistre, vostede declara, no seu propio nome ou en nome e representación do usuario menor de idade, que reúne ditas condicións.

Tanto o código de usuario como o contrasinal permanecerán inactivos (inhabilitando, así, o acceso a My Way) ata que o usuario acepte os presentes Termos e Condicións.

 

  1. DESCRICIÓN DO PROCEDEMENTO DE ALTA

A contratación dos cursos educativos de Kids&Us con acceso a My Way permite ao usuario facer uso da aplicación dacordo cos presentes Termos e Condicións.

 

  1. ATENCIÓN AO USUARIO

Para calquera incidencia técnica co uso da aplicación o usuario pode contactar por calquera das seguintes vías:

  • De atoparse nos seguintes países, poderá ser atendido no horario laboral do territorio ao que se dirixa, chamando ao número de teléfono +34931220440 (España), +39800694398 (Italia), +33970019186 (Francia), +3280026739 (Bélxica) e +525541636141 (México).
  • Enchendo o formulario habilitado a tal efecto en My Kids. - Escribindo un correo electrónico a [email protected].
  1. PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL

O Provedor é titular de todos os dereitos de propiedade intelectual e industrial desta aplicación, así como dos elementos contidos na mesma (a título enunciativo: imaxes, software ou textos; marcas ou logotipos, combinacións de cores, estrutura e deseño, selección de materiais usados, programas de computador necesarios para o seu funcionamento, acceso e uso etc.). My Way ten a consideración de obra protexida como propiedade intelectual polo ordenamento xurídico español, séndolles aplicables tanto a normativa española e comunitaria neste campo, como os tratados internacionais relativos á materia e subscritos por España. Todos os dereitos reservados. En virtude do disposto nos artigos 8 e 32.1, parágrafo segundo, da Lei de Propiedade Intelectual, quedan expresamente prohibidas a reprodución, a distribución e a comunicación pública, incluída a súa modalidade de posta ao dispor, da totalidade ou parte dos contidos desta aplicación, con fins comerciais, en calquera soporte e por calquera medio técnico, sen a autorización dos titulares dos dereitos. O usuario comprométese a respectar os dereitos de Propiedade Intelectual e Industrial titularidade dos titulares dos dereitos. Poderá visualizar os elementos da aplicación e mesmo imprimilos, copialos e almacenalos no disco duro do seu computador ou en calquera outro soporte físico a condición de que sexa, única e exclusivamente, para o seu uso persoal e privado. O usuario deberá absterse de suprimir, alterar, eludir ou manipular calquera dispositivo de protección ou sistema de seguridade que estivese instalado a aplicación.

Nada nestes Termos e Condicións poderá interpretarse, implícita nin explicitamente, como unha cesión ou transmisión dos dereitos de propiedade industrial ou intelectual relativos á aplicación e/ou tecnoloxía a favor do usuario, obrigándose en virtude dos presentes Termos e Condicións a respectar escrupulosamente a titularidade destes dereitos, e a comunicar por escrito aos seus titulares de calquera infracción destes dereitos da que teñan coñecemento.

 

  1. EXENCIÓN DE RESPONSABILIDADE

A aplicación serve como ferramenta de soporte ao profesional e o seu uso non exime ao usuario de verificar que os datos que introduza e os que use a aplicación sexan correctos. O usuario é o único responsable da falta de actualización dos datos, eximindo de responsabilidade ao Provedor por iso.

O Provedor, como responsable do tratamento dispón dun documento de seguridade e cumpre cos requisitos previstos no Regulamento (UE) 2016/679 de Protección de Datos e a Lei Orgánica 3/2018 de protección de datos e garantía dos dereitos dixitais e estableceu todos os medios técnicos ao seu alcance para evitar a perda, mal uso, alteración, acceso non autorizado e roubo dos datos, sen prexuízo de informar que as medidas de seguridade na internet non son inexpugnables. O usuario é a única persoa responsable de dispoñer nos seus dispositivos sistemas ou programas adecuados de seguridade tales como devasas, antivirus ou outros que garantan a seguridade no acceso á súa información.

Dada a gran cantidade de factores externos á súa responsabilidade na prestación dun servizo deste tipo, non garante, nin implícita nin explicitamente, a total dispoñibilidade do servizo.

O responsable do tratamento non responde dos danos e prexuízos que se poidan derivar de interferencias ou avarías telefónicas, desconexións no sistema electrónico, presenza de virus informáticos, programas maliciosos ou calquera ou

O responsable do tratamento poñerá ao dispor do usuario a aplicación sen garantías expresas ou implícitas de ningún tipo, incluíndo, de forma enunciativa pero non limitativa, garantía de comerciabilidade, patentabilidade e/ou adecuación a un determinado propósito, nin de existencia de defectos ou erros, nin en relación á súa capacidade de integrarse nun sistema determinado, de título, ou de non infracción de ningunha patente ou outros dereitos de propiedade intelectual e/ou industrial de terceiros.

O responsable do tratamento non responde de erros causados pola aplicación, ou polo seu uso, mesmo se xera unha interrupción no servizo, nin en casos de demora ou funcionamento, nin responde de efectos ou consecuencias relacionadas directa ou indirectamente co uso da aplicación ou a imposibilidade de uso ou funcionamento, das accións derivadas polo uso incorrecto da aplicación, nin de reclamacións de terceiros.

Se o responsable do tratamento tivese algunha responsabilidade derivada deste texto, as partes acordan que esta estará limitada ao pago polo usuario.

Ningunha das partes responderá en ningún caso e en forma algunha ante a outra parte por danos indirectos e lucro cesante.

 

  1. MANIFESTACIÓNS E GARANTÍAS

Vostede manifesta e garante ao Provedor, no seu propio nome ou en nome e representación do usuario menor de idade, que:

  • Dispón de plenos dereitos e facultades, conforme ao seu rexime estatutario e legal aplicable para cumprir e executar todos e cada un dos compromisos, actuacións e obrigas asumidos en virtude dos presentes Termos e Condicións.
  • En caso de que actúe na súa condición de nai, pai ou titor legal do usuario menor de idade, dispón de plenos dereitos, poderes e facultades, conforme ao seu réxime estatutario e legal aplicable para cumprir e executar todos e cada un dos compromisos, actuacións e obrigas asumidos en virtude dos presentes Termos e Condicións.
  • Obrígase a manter indemne ao Provedor por calquera reclamación, custos, danos e prexuízos de calquera natureza derivado do incumprimento, falseamento ou inexactitude de calquera das obrigas ou das manifestacións e garantías formuladas nos presentes Termos e Condicións.
  • Ao aceptar os Termos e Condicións, declara e garante que ten os dereitos de todos os datos de usuario, incluído o dereito a cargalos en My Way.
  • Obrígase a indemnizar ao Provedor por calquera reclamación que traia causa, que se deba ou sexa consecuencia de calquera incumprimento pola súa parte, falseamento ou inexactitude de calquera das obrigas ou das manifestacións e garantías formuladas nos presentes Termos e Condicións, así como, de calquera reclamación dos usuarios ou de calquera terceiro como consecuencia, directa ou indirecta, da prestación dos servizos por Kids&Us.

 

  1. ENTRADA EN VIGOR E VIXENCIA

Estes Termos e Condicións entrarán en vigor no momento en que o usuario as reciba ou se publiquen en My Way. O Provedor pode actualizalos de forma periódica. O Provedor informará dos cambios, antes da súa entrada en vigor, ao correo electrónico do usuario. Aconsellamos que revise este documento periodicamente para estar ao corrente de calquera cambio.

 

  1. PROTECCIÓN DE DATOS

Todos os datos persoais proporcionados durante o uso de My Way serán tratados de conformidade coa política de privacidade do Provedor á que terá acceso por medio da seguinte ligazón: https://www.kidsandus.es/gl/footer/politica-de-privacidad

 

  1. LEI APLICABLE E XURISDICIÓN

Estos Termos e Condicións rexeranse pola lei común española.

Calquera conflito ou discrepancia someterase aos Xulgados e Tribunais do domicilio do Cliente, con renuncia expresa a calquera outro foro que puidese corresponder ás Partes.