Cursos de inglés para preadolescentes de 9 a 12 anos

Os preadolescentes aprenden inglés desde a curiosidade

A esta idade, os nenos e nenas atópanse en plena etapa de autocoñecemento. Nos cursos de Animal Planet e Fairy Tales, animámolos a desenvolver habilidades creativas e comunicativas para que expresen as súas opinións en inglés en contextos familiares.

Animal Planet 1
Inglés para nenos e nenas de 9 anos
Animal Planet 2
Inglés para nenos e nenas de 10 anos
Fairy Tales 1
Inglés para nenos e nenas de 11 anos
Fairy Tales 2
Inglés para nenos e nenas de 12 anos

Inglés para nenos e nenas de 9 anos

Animal Planet 1

Obxectivo do curso: nestas clases, os nenos e nenas de 9 anos aprenden vocabulario relacionado coa natureza, os animais e o coidado do planeta, todo da man de Alexandra e as súas aventuras. Len lecturas máis extensas e perfeccionan a comunicación oral con pequenos diálogos en inglés útiles na vida cotiá.

Duración da clase: 1 hora e media, dúas veces por semana.

Grupos reducidos: cada clase conta cun máximo de 8 alumnos.

Na casa: En Animal Planet 1, o alumnado coñece a Alex, unha nena aventureira que vive cos seus pais nunha supercaravana e dedícase a viaxar con eles polo mundo para rescatar animais en perigo de extinción.

Inglés para nenos e nenas de 10 anos

Animal Planet 2

Obxectivo do curso: Durante a segunda parte de Animal Planet, repasamos distintas áreas temáticas para ampliar vocabulario e estruturas gramaticais en inglés. Os nenos e nenas aprenden a comprar ou pedir comida nun restaurante, e poden explicar as súas vacacións ou dar recomendacións sobre como loitar contra o cambio climático.

Duración da clase: 1 hora e media, dúas veces por semana.

Grupos reducidos: cada clase conta cun máximo de 8 alumnos.

Na casa: En Animal Planet 2, o alumnado seguirá viaxando con Alex, unha nena aventureira que vive cos seus pais nunha supercaravana e que se dedica a descubrir o mundo con eles rescatando animais en perigo de extinción.

Inglés para nenos e nenas de 11 anos

Fairy Tales 1

Obxectivo do curso: Neste curso, adaptamos contos tradicionais a unha realidade máis moderna. Por exemplo, en Red Riding Hoody, Carapuchiña é agora unha campioa de BMX e en Sidney and his Lucky Scarf, Cincenta é un mozo que se muda á casa duns familiares no estranxeiro e estes aprovéitanse do seu pouco dominio do inglés.

Duración da clase: 1 hora e media, dúas veces por semana.

Grupos reducidos: cada clase conta cun máximo de 8 alumnos.

Na casa: no mundo dixital de My Way, o alumnado desenvolverá o seu talento en BMX e música mentres aprende inglés e dáse conta de que o esforzo, a perseveranza e o traballo duro son clave para lograr calquera meta.

Inglés para nenos e nenas de 12 anos

Fairy Tales 2

Obxectivo do curso: Neste curso, redescubrimos os contos clásicos con Jay e Cat, as versións modernas do patiño Feo e O gato con botas, con materiais máis ricos e complexos lingüisticamente para traballar tanto habilidades orais como escritas en contextos significativos para o alumnado.

Duración da clase: 1 hora e media, dúas veces por semana.

Grupos reducidos: cada clase conta cun máximo de 8 alumnos.

Na casa: no mundo dixital de My Way, o noso alumnado aprenderá o importante que son a autenticidade, a integridade e a confianza nun mesmo mentres consolida a aprendizaxe do idioma ao seu ritmo.

Nueva llamada a la acción

Entra nas aulas de Kids&Us!

Seguro que che interesa

Os nosos cursos

Unha forma aberta e imaxinativa de ver e entender o mundo

Saber máis

Actividades Kids&Us

Un Universo de 360º de posibilidades en inglés

Saber máis

Ónde estamos?

Atopa a túa academia máis próxima

Saber máis