Os nosos cursos
Unha forma aberta e imaxinativa de ver e comprender o mundo
Saber máisO taller de cociña Little Chef está pensado para que os nenos e nenas experimenten coa comida en inglés, proben novos sabores e descubran que cociñar tamén é unha actividade moi creativa. A finalidade deste taller é interiorizar vocabulario e expresións relacionadas co mundo da cociña.
As receitas de Little Chef pertencen na súa maioría á cultura anglosaxoa e son divertidas e saudables. Aprendemos a preparar Oven Free Oatmeal Cookies, Apple Grape Salad, Banana Split ou Yogurt Parfait, nomes do máis curiosos para facer da cociña unha ferramenta de inmersión en inglés do máis orixinal.
Busca a túa academia máis próxima