Campamento urbano en inglés para nenos

Cal é o obxectivo das Fun Weeks?

Durante os períodos vacacionais é frecuente buscar actividades que entreteñan os nenos e nenas. Coa intención de cubrir esta necesidade, Kids&Us desenvolveu unha serie de propostas cheas de diversión nestes campamentos temáticos en inglés.

As Fun Weeks ofrecen un contexto adecuado a cada grupo de idade baseado en xogos, bailes, teatro e manualidades. Estas actividades permiten aos participantes interiorizar vocabulario e expresións en inglés.

En que consisten estes campamentos?

Cada semana mergullámonos nun novo mundo e novas historias creadas especificamente para mellorar e axilizar a adquisición do idioma. Para iso, realizamos as seguintes actividades:

Actividades de psicomotricidade
Pensadas para realizar xogos que permitirán aos nenos e nenas relacionarse entre eles.
Storytime
Contos desenvolvidos polo noso Departamento de Método, adaptados ao rango de idade e á temática de cada semana.
Crafts
Realizaremos manualidades relacionadas coa temática semanal (máscaras, disfraces, figuras de animais... e moito máis!).
Market
Organizarase un mercado dúas veces por semana, no que os nenos e as nenas se converterán en compradores. Deberán utilizar as expresións adecuadas para pedir o almorzo que queren en inglés.
Songs
Cancións de composición propia que viran ao redor da temática, pensadas para cantar e tamén bailar!
Staff Performance
Os nosos monitores/ as soben ao escenario. Disfrázanse e actúan fronte aos nenos e nenas, quen exerce moi ben o seu papel de fans.

Información básica sobre o campamento

 

  • Idades: o campamento vai dirixido a nenos e nenas de 3 a 10 anos, sexan alumnos Kids&Us ou non.
  • División dos grupos: máximo 10 nenos/as por grupo e profesor/a. Separados por franxas de idade de 3-4 anos, 5-6 anos e 7-10 anos.
  • Calendario: períodos de vacacións escolares (Halloween, Nadal, Winter, Semana Santa e verán).
  • Duración da actividade: polo xeral, de 9:00 a 13:00.Consúltese con cada centro.

 

Así son as Fun Weeks!

Nueva llamada a la acción

Máis campamentos vacacionales

English&Fun

Xornadas deportivas en inglés para nenos e nenas de 3 a 10 anos.

Summer Fun

Campamento de verán en inglés para nenos e nenas de 3 a 12 anos

Seguro que che interesa

Os nosos cursos

Unha forma aberta e imaxinativa de ver e entender o mundo

Saber máis

O noso método

Coñece o método que revolucionou o ensino do inglés.

Saber máis

Onde estamos?

Atopa o teu centro máis próximo!

Saber máis