Xornadas en inglés para nenos

Cal é o obxectivo dos Fun Days?

Durante estas mañás, as academias Kids&Us énchense de actividades 100% en inglés, didácticas e orixinais, desenvolvidas polo noso Departamento de Método.

A finalidade do Fun Day é que os máis pequenos poidan seguir estando en contacto co inglés fóra das aulas. Estas xornadas tamén están abertas a nenos e nenas que aínda non estean matriculados nos nosos centros.

En que consisten estas xornadas?

Un Fun Day é unha mañá chea de actividades en inglés exclusivas de Kids&Us; ofrécense varios Fun Days ao longo do ano. Estas xornadas xuntan diversión e aprendizaxe do idioma durante os días non lectivos, que probablemente serán laborables para as familias. Consisten nas seguintes actividades:

Little Chef
Talleres de cociña en inglés pensados para que os nenos e nenas experimenten coa comida e proben novos sabores da cultura anglosaxoa.
Storytime
Contacontos en inglés que comparten cos máis pequenos historias familiares que os estimulan a interactuar cos personaxes.
Xogos e crafts
Manualidades e actividades motrices en inglés adaptadas a cada grupo de idade que fomentan a imaxinación dos máis pequenos.

Información básica sobre as xornadas

  • Idades: este campamento diríxese a nenos e nenas de 3 a 10 anos, sexan alumnos Kids&Us ou non.
  • División dos grupos: máximo de 8 nenos/as por grupo e profesor/a.
  • Calendario: cada centro ten o seu propio calendario e horario de actividades. Consúltese co centro correspondente.
  • Duración da actividade: 4 horas.

Así son os Fun Days!

Nueva llamada a la acción

Máis campamentos vacacionais

English&Fun

Campamentos deportivos en inglés para nenos e nenas de 3 a 10 anos

Summer Fun

Campamento de verán en inglés para nenos e nenas de 3 a 12 anos

Seguro que che interesa

Os nosos cursos

Unha forma aberta e imaxinativa de ver e comprender o mundo

Saber máis

Método Kids&Us

Os nenos e nenas aprenden inglés a través das súas vivencias.

Saber máis

Onde estamos?

Busca a túa academia máis próxima

Saber máis