Summer Fun Weeks

30 de abril de 2025

As esperadas Summer Fun Weeks volven con máis diversión que nunca. Do 23 de xuño ao 11 de xullo ímolo pasar xenial en Kids&Us O Burgo!

Estas semanas temáticas están dirixidas a nenos e nenas de entre 3 e 10 anos, que poderán gozar de actividades como teatro, música, manualidades, xogos, contos e moito máis… Todo completamente en inglés!

As actividades das Fun Weeks organízanse nos centros de Kids&Us, con grupos dun máximo de 10 alumnos e alumnas por profesor/a para asegurar o trato individualizado e optimizar os resultados e a aprendizaxe de cada un deles, así que as prazas son limitadas.

Se queres que o teu fillo ou filla, forme parte do alumnado de Kids&Us ou non, goce dunhas vacacións de verán diferentes, reserva xa a súa praza nas Summer Fun Weeks!

Reserva a praza para o teu peque chamándonos por teléfono ou a través da seguinte ligazón:

[Summer Fun Weeks 2025]

Vémonos pronto!

Contacta con nosotros

Noticias

Babies First Moments in English

Infórmate de tódalas actividades gratuitas que temos para peques de 1 a 3 aniños nos meses de xaneiro e febreiro: contacontos, experiencias sensoriais, talleres de cociña... Todo pensado para que os máis pequenos da casa gocen do mellor en inglés, mentres vós os acompañades e descubrides cómo aprenden o idioma co noso método Natural English.

09/01/2026
Saber más

Volven as Christmas Fun Weeks!

Reservade xa a vosa praza en Kids&Us O Burgo para as Christmas Fun Weeks, as nosas semanas temáticas con todo tipo de actividades 100 % en inglés.

17/11/2025
Saber más

KUTE My Way: o proxecto de Kids&Us galardonado por Gartner

Este recoñecemento por parte de Gartner, firma líder mundial en investigación e consultoría tecnolóxica, avala a nosa aposta por unha innovación educativa con propósito.

29/10/2025
Saber más