Summer Fun Weeks

18 de abril de 2026

Este verán, voltamos co noso campamento urbano de mañás con máis diversión que nunca. Do 22 de xuño ao 10 de xullo ímolo pasar xenial en Kids&Us O Burgo!

Estas semanas temáticas están dirixidas a nenos e nenas de entre 3 e 8 anos, que poderán gozar de actividades como teatro, música, cociña, manualidades, xogos, contos e moito máis… Todo completamente en inglés! Ademais, este ano faremos unha excursión semanal a Córax Fauna.

As actividades organízanse con grupos dun máximo de 10 alumnos e alumnas por profesor/a para asegurar o trato individualizado e optimizar os resultados e a aprendizaxe de cada un deles, así que as prazas son limitadas.
 

Se queres que o teu fillo ou filla, forme parte do alumnado de Kids&Us ou non, goce dunhas vacacións de verán diferentes, reserva xa a súa praza nas Summer Fun Weeks!

Reserva a praza para o teu fillo ou filla a través da seguinte ligazón: Inscripción Summer Fun Weeks: Rellenar formulario

Contacta con nosotros

Noticias

Babies First Moments in English

Infórmate de tódalas actividades gratuitas que temos para peques de 1 a 3 aniños nos meses de xaneiro e febreiro: contacontos, experiencias sensoriais, talleres de cociña... Todo pensado para que os máis pequenos da casa gocen do mellor en inglés, mentres vós os acompañades e descubrides cómo aprenden o idioma co noso método Natural English.

09/01/2026
Saber más

Volven as Christmas Fun Weeks!

Reservade xa a vosa praza en Kids&Us O Burgo para as Christmas Fun Weeks, as nosas semanas temáticas con todo tipo de actividades 100 % en inglés.

17/11/2025
Saber más

KUTE My Way: o proxecto de Kids&Us galardonado por Gartner

Este recoñecemento por parte de Gartner, firma líder mundial en investigación e consultoría tecnolóxica, avala a nosa aposta por unha innovación educativa con propósito.

29/10/2025
Saber más