Babies Experience

8 de enero de 2025

Algunha vez te preguntaches que se fai exactamente nunha clase de inglés para bebés de 1 e 2 aniños?

É o que poderás descubrir nas Babies Experience!

Durante as próximas semanas celebraremos en Kids&Us as Babies Experience, unhas clases demostración gratuítas ás que poderán asistir as familias que teñan curiosidade sobre como funciona o noso método Kids&Us cos máis pequeniños da casa.

Nestas sesións as familias terán a oportunidade de:

· Divertirse cos xogos e as actividades que se realizan nunha clase de Babies

· Descubrir todo o material desenvolvido exclusivamente para o método

· Visitar o espazo deseñado para espertar a curiosidade dos nosos Babies e fomentar a exploración

· Resolver todas as súas dúbidas sobre o método, a súa implementación e a ciencia detrás do seu desenvolvemento

Invitámoste ás nosas Babies Experience en Kids&Us O Burgo.

Non deixes escapar esta oportunidade!

Contacta con nosotros

Noticias

Babies First Moments in English

Infórmate de tódalas actividades gratuitas que temos para peques de 1 a 3 aniños nos meses de xaneiro e febreiro: contacontos, experiencias sensoriais, talleres de cociña... Todo pensado para que os máis pequenos da casa gocen do mellor en inglés, mentres vós os acompañades e descubrides cómo aprenden o idioma co noso método Natural English.

09/01/2026
Saber más

Volven as Christmas Fun Weeks!

Reservade xa a vosa praza en Kids&Us O Burgo para as Christmas Fun Weeks, as nosas semanas temáticas con todo tipo de actividades 100 % en inglés.

17/11/2025
Saber más

KUTE My Way: o proxecto de Kids&Us galardonado por Gartner

Este recoñecemento por parte de Gartner, firma líder mundial en investigación e consultoría tecnolóxica, avala a nosa aposta por unha innovación educativa con propósito.

29/10/2025
Saber más