Cursos de inglés para nenos de 3 a 8 anos

Os nenos e nenas aprenden inglés case sen darse conta

A través da recreación de situacións que lles son familiares, os nenos e nenas de 3 a 8 anos aprenden inglés dun modo natural. As historias de Sam, Emma, Oliver, Marcia, Pam&Paul e Ben&Brenda espertan a súa imaxinación e a súa curiosidade para seguir aprendendo o idioma.

Sam
Inglés para nenos e nenas de 3 anos
Emma
Inglés para nenos e nenas de 4 anos
Oliver
Inglés para nenos e nenas de 5 anos
Marcia
Inglés para nenos e nenas de 6 anos
Pam&Paul
Inglés para nenos e nenas de 7 anos
Ben&Brenda
Inglés para nenos e nenas de 8 anos

Sam

Inglés para nenos e nenas de 3 anos

Obxectivo do curso: da man de Sam, os pequenos exploran a súa contorna e gañan autonomía tanto nas actividades que preparamos na clase como nas que suceden fóra, como ir ao baño ou poñer a chaqueta. Cada oportunidade é unha boa escusa para falar inglés.

Duración da clase: 60 minutos, unha vez por semana.

Grupos reducidos: cada clase conta cun máximo de 8 alumnos.

Na casa: para que a aprendizaxe do inglés sexa eficaz durante a infancia é importante dedicar tempo ao idioma na casa. Por ese motivo, creamos unha pista de audio que deberá escoitarse a diario.

Emma

Inglés para nenos e nenas de 4 anos

Obxectivo do curso: con Emma, o inglés convértese nun hábito. A través de cancións, os nenos e nenas practican a entoación e o ritmo da lingua inglesa. Os contos e os audiolibros tamén son grandes aliados para descubrir novas expresións.

Duración da clase: 60 minutos, unha vez por semana.

Grupos reducidos: cada clase conta cun máximo de 8 alumnos.

Na casa: para que a aprendizaxe do inglés sexa eficaz durante a infancia é importante dedicar tempo ao idioma na casa. Por ese motivo, creamos unha pista de audio que deberá escoitarse a diario.

Oliver

Inglés para nenos e nenas de 5 anos

Obxectivo do curso: a través das historias que vive Oliver, como a caída dun dente, estar enfermo ou querer axudar a papá e a mamá na casa, os nenos e nenas entran en contacto coas estruturas do pasado simple e do presente continuo.

Duración da clase: 60 minutos, unha vez por semana.

Grupos reducidos: cada clase conta cun máximo de 8 alumnos.

Na casa: para que a aprendizaxe do inglés sexa eficaz durante a infancia é importante dedicar tempo ao idioma na casa. Por ese motivo, creamos unha pista de audio que deberá escoitarse a diario.

Marcia

Inglés para nenos/as de 6 anos 

Obxectivo do curso: Marcia ten poderes máxicos e é a compañeira dos nenos e nenas deste curso. A través de situacións excepcionais, aprenden a usar os verbos irregulares e auxiliares. Tamén, empezan a entender mellor os conceptos relacionados co tempo como today, yesterday, tomorrow ou last week.

Duración da clase: 60 minutos, unha vez por semana.

Grupos reducidos: cada clase conta cun máximo de 8 alumnos.

Na casa: para que a aprendizaxe do inglés sexa eficaz durante a infancia é importante dedicar tempo ao idioma na casa. Por ese motivo, creamos unha pista de audio que deberá escoitarse a diario.

Pam&Paul

Inglés para nenos e nenas de 7 anos

Obxectivo do curso: os travesos xemelgos Pam&Paul fan voar a imaxinación dos nenos e nenas con historias que mesturan fantasía con cotiandade. Neste curso, traballamos o verbo to be en afirmativo e en negativo. O alumnado comprende e utiliza con maior claridade as expresións comúns para presentarse.

Duración da clase: 60 minutos, unha vez pola semana.

Grupos reducidos: cada clase conta cun máximo de 8 alumnos.

Na casa: para que a aprendizaxe do inglés sexa eficaz durante a infancia é importante dedicar tempo ao idioma na casa. Por ese motivo, creamos unha pista de audio que deberá escoitarse a diario.

Ben&Brenda

Inglés para nenos e nenas de 8 anos

Obxectivo do curso: neste curso, a práctica escrita do inglés súmase á interacción oral que traballamos nas clases e, progresivamente, os nenos e nenas chegan á lectoescritura. Xunto a Ben&Brenda, mergullaranse nun formato atractivo a novas aventuras coas que melloran a súa comprensión lectora.

Duración da clase: 90 minutos, unha vez por semana.

Grupos reducidos: cada clase conta cun máximo de 8 alumnos.

Na casa: para que a aprendizaxe do inglés sexa eficaz durante a infancia é importante dedicar tempo ao idioma na casa. Por ese motivo, creamos unha pista de audio que deberá escoitarse a diario.

Nueva llamada a la acción

Entra nas aulas de Kids&Us!

También te puede interesar...

Nuestros cursos

Una forma abierta e imaginativa de ver y entender el mundo

Actividades Kids&Us

Un Universo de 360º de posibilidades en inglés

¿Dónde estamos?

Encuentra tu academia más cercana

Saber más