Halloween!
17 de octubre de 2025
En Kids&Us celebramos o Samaín cunha chea de actividades terroríficamente divertidas para que os nenos e nenas aprendan inglés mentres gozan dunha experiencia única.
Durante esta semana, o noso centro énchese de maxia, misterio e moita imaxinación: desfrutaremos dun teatro cheo de emocións, faremos receitas monstruosas no noso obradoiro de cociña, sairemos a facer “truco ou trato” polo barrio, e remataremos cunha sesión de cine de medo (para valentes!).
A través do xogo, da creatividade e das historias máis arrepiantes, os pequenos mergúllanse no inglés dunha maneira natural, espontánea e divertida. Porque aprender tamén pode ser… terrorificamente emocionante! 👻✨
Contacta con nosotros
Babies First Moments in English
Infórmate de tódalas actividades gratuitas que temos para peques de 1 a 3 aniños nos meses de xaneiro e febreiro: contacontos, experiencias sensoriais, talleres de cociña... Todo pensado para que os máis pequenos da casa gocen do mellor en inglés, mentres vós os acompañades e descubrides cómo aprenden o idioma co noso método Natural English.
Volven as Christmas Fun Weeks!
Reservade xa a vosa praza en Kids&Us O Burgo para as Christmas Fun Weeks, as nosas semanas temáticas con todo tipo de actividades 100 % en inglés.
KUTE My Way: o proxecto de Kids&Us galardonado por Gartner
Este recoñecemento por parte de Gartner, firma líder mundial en investigación e consultoría tecnolóxica, avala a nosa aposta por unha innovación educativa con propósito.

